O Diario Oficial De Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para a promoción e difusión do cinema galego en festivais e mostras de cinema fóra da comunidade. A Axencia galega das Industrias Culturais, dependente da ConsellerÃa de Cultura destinará un total de 30.000 euros para apoiar a promoción de obras audiovisuais para o 2017 no circuÃto nacional e internacional de eventos cinematográficos entre os que están os 19 festivais recoñecidos e clasificados pola FIAPF (Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos) e outros tantos a maiores. A contÃa da axuda para cada obra audiovisual pode variar , segundo o festival e segundo a sección á que a pelÃcula vaia en función de se é na sección oficial competitiva ou noutras seccións. As pelÃculas que se presenten nas seccións oficiais ao Festival de Cannes, a Berlinale, a Bienal de Venecia ou ao Festival Internacional de Cine de San Sebastián poden obter ata 5.000 euros de axuda para os gastos promocionais. Estas subvencións teñen como obxecto promover a distribución e comercialización dos produtos culturais no mercado global.