A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a convocatoria de subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en 38 festivais de prestixio nacional e internacional celebrados entre o 1 de decembro de 2017 e o 30 de novembro do 2018. Esta liña de axudas, dotada con 30.000 euros, ten como obxectivo reforzar as campañas de promoción dos filmes que teñan sido seleccionados nalgunha das mostras especificadas nas propias bases, co fin de pór en valor o traballo dos produtores e creadores, asà como de situar Galicia no mapa cinematográfico internacional. Os festivais recollidos na convocatoria son os clasificados pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores (FIAPF). Cada participación nun destes festivais pode chegar a recibir entre 1000 e 5000 euros en función das categorÃas de selección (seccións oficiais, competitivas, de exhibición etc.) e a tipoloxÃa do filme. As pelÃculas que se presenten nas seccións oficiais ao Festival de Cannes, a Berlinale, a Bienal de Venecia ou ao Festival Internacional de Cine de San Sebastián poden obter ata 5.000 euros de axuda para os gastos promocionais e unha mesma produción poderá optar a axuda correspondente a un máximo de dous certames. O pasado ano a convocatoria contou co mesmo orzamento, do que chegaron a outorgarse 23.600 euros. A longametraxe multipremiada nos Mestre Mateo Doghs foi a produción que recibiu unha maior axuda con 5.000 euros.