A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar as bases das subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en festivais e mostras de prestixio nacional e internacional, celebrados fóra de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016, coas que completa as convocatorias do seu programa anual de axudas públicas. A Agadic reserva un orzamento inicial de 30.000 euros para estas axudas, ademais de establecer os importes fixos que poderá percibir cada solicitante segundo o festival e/ou sección no que sexa seleccionado, e que se sitúan entre 1.000 e os 5.000 euros.
Esa convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), ten como obxectivo apoiar as produtoras e creadores galegos na promoción internacional daqueles traballos que teñan sido seleccionados nalgunha das 38 mostras recollidas nas bases, que abranguen moi diferentes liñas de programación e xéneros cinematográficos. Nesta listaxe, que inclúe os 19 festivais clasificados pola Federación Internacional de Produtores Cinematográficos (FIAPF), figuran encontros tan recoñecidos como a Berlinale, Cannes, Karlovy Vary, Locarno, Biennale de Venecia, Mar del Plata, Toronto, Rotterdam, Bafici de Bos Aires, Sundance, Annecy, Clermont-Ferrand, San Sebastián, Cinema Jove de Valenecia, Sitges, Málaga, Sevilla ou a Seminci de Valladolid, entre outros.