Dez produtoras galegas son as adxudicatarias este ano das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para a promoción e difusión do cinema galego en festivais de prestixio celebrados fóra de Galicia. A segunda e última adxudicación ao abeiro desta convocatoria contempla a concesión de contías que oscilan entre os 1.500 e os 2.500 euros destinadas a campañas de publicidade da participación nas mostras internacionais, elaboración e transporte do material de promoción específico, contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para o evento, desprazamento e estadía no festival dun máximo de 5 persoas do equipo, e tiraxe e/ou subtitulado das copias. O orzamento total destas axudas foi de 30.000 euros e segundo estas adxudicacións outorgáronse 23.600 euros. Doghs foi a produción que recibiu unha maior axuda con 5.000 euros, seguida da curtametraxe Plus Ultra, de Helena Girón con 4.500 euros e da película de Olive Laxe Mimosas con 3.600 euros.
A través destas axudas, a Xunta colaborou este ano con Zeitun Films nas accións de difusión de Mimosas, o premiado filme de Oliver Laxe, nos festivais IFF de Rotterdam (Holanda) e BAFICI de Bos Aires (Arxentina), e da curtametraxe Tsweesh, de Feyrouz Serhal, no de Locarno (Suíza). Nos tres devanditos certames presentáronse, ademais, outros tantos títulos galegos, apoiados mediante esta convocatoria. É o caso das curtas Fajr, de Lois Patiño, en Rotterdam; Plus Ultra, de Helena Girón e Samuel M. Delgado, en Locarno, e a ópera prima de Andrés Goteira, Dhogs, na súa estrea en Bos Aires. Como esta última, que tamén contou con apoio para a súa estrea estatal no festival de cine fantástico de Sitges, foron subvencionadas outras tres películas que supoñen o debut dos seus directores na realización de longametraxes: A estación violenta, de Anxos Fazáns, e o documental Os fillos da vide, de Ana Domínguez, ambas estreadas no Festival de Cine Europeo de Sevilla, e Nocturno, fantasmas de mar en puerto, de Álvaro F. Pulpeiro, no FIC de Xixón.
Por último e xunto con Plus Ultra, que volve figurar nesta listaxe con motivo das súas seleccións nos certames de San Sebastián e Mar del Plata (Arxentina), outra curta do tándem Girón-Delgado, Montañas ardientes que vomitan fuego, dispuxo de axuda para a súa participación no Karlovy Vary Internacional Film Festival, da República Checa, mentres que El paisaje está vacío, de Carla Andrade, viaxou ata o Zinebi de Bilbao para documentais.