Logo do anuncio o pasado dÃa 5 da constitución do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, este organismo comeza a súa actividade oficial. O Diario Oficial de Galicia deste 11 de maio publica a convocatoria por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da selección das empresas e proxectos que farán parte desta entidade. As firmas participantes repartirán subvencións por valor de 290.000 euros para facilitar a súa participación nas actividades da mesma.
Os fondos, que se distribúen en dúas anualidades, queren facilitar a posta en marcha dun "proceso de vertebración sectorial, desenvolvendo o talento de toda a cadea de valor do sector dos videoxogos e contidos interactivos" co fin de incrementar o número de firmas neste campo, consolidar a súa presenza en diferentes mercados e conseguir unha maios especialización empresarial e distribución xeográfica das mesmas.
Para isto desenvolveranse actuacións de consultorÃa, obradoiros de innovación, propostas de difusión, presentación de proxectos, participación en eventos ou avaliacións de resultados entre outras propostas. Cada unha das entidades participantes poderá recibir ata un máximo estimado de 14.500 euros para cubrir a súa participación nas diferentes iniciativas. A proposta, que fai parte do proxecto Hub audiovisual-industria creativa está financiada totalmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) que se integra no eixe REACT-UE.
O polo de aceleración presentouse ao público coa sinatura do convenio entre a Agadic e a Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos Videoxogo.gal. A Agadic anunciou un investimento inicial de 360.000 euros neste proxecto e a vindeira convocatoria dunha liña de axudas para o desenvolvemento de videoxogos por valor de 500.000 euros. Entre as accións previstas está a realización dun mapa do sector no noso paÃs, "para identificar as principais empresas, proxectos e capacidade de xeración de emprego".