A nova convocatoria das axudas da Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC) á comercialización e difusión de contidos audiovisuais para apoiar a súa presenza en foros de negocio especializados e eventos fóra de Galicia ven de incorporar tamén a categorÃa de videoxogos, de xeito acorde ao tratamento que estes produtos teñen no HUB Audiovisual da Xunta de Galicia. Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a resolución coas bases destas axudas, que engaden estes produtos ao resto dos contidos audiovisuais susceptibles de recibir axuda autonómica para acudir aos foros especializados internacionais e do resto de España. O orzamento non varÃa respecto á anterior convocatoria, mantendo os 50.000 euros. A máxima subvención á que pode aspirar unha produción audiovisual galega, segundo as bases é de 20.000 euros, no caso de acudir á entrega dos premios Oscar da academia cinematográfica estadounidense cunha longametraxe de produción galega como finalista a mellor filme de fala non inglesa. As concesións de axuda fanse en réxime de concorrencia non competitiva.
Axudas ás salas de cine
O DOG publica tamén hoxe as bases de convocatoria doutras subvencións que veñen apoiar ao sector audiovisual desde a actividade de exhibición. AGADIC convoca as axudas para proxectos desenvolvidos por empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial. Estas axudas, que comezaron a convocarse en 2021 como parte do proceso de recuperación económica das salas de cine tras do impacto da pandemia, suben a súa partida orzamentaria dos 350.000 euros daquela primeira convocatoria ata os 500.000 euros deste ano 2023, ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega financiado ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no marco do eixe React-UE. As axudas desta liña están pensadas para apoiar iniciativas orientadas á atracción de público; programacións especiais ou regulares, dun mÃnimo dunha semana consecutiva en carteleira, de cinema europeo ou de terceiros paÃses con baixa representación na cota de pantalla anual por número de sesións; programacións especiais ou regulares, dun mÃnimo dunha semana consecutiva en carteleira de cinema galego (autorÃa e/ou produción galega) en versión orixinal galega; realización de campañas orientadas á promoción da cinematografÃa galega como poden ser eventos de presentación de pelÃculas, organización de coloquios relacionados cos tÃtulos exhibidos, presenza de autores e membros do equipo nas proxeccións ou outros que fomenten a interacción entre as pelÃculas e o seu público; promocións de entradas a prezo especial dirixidas a público infantil ou xuvenil e ao colectivo de persoas maiores. A adxudicación faise en réxime de concorrencia non competitiva.