O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe dúas convocatorias da Axencia Galega de Industrias Culturais de subvencións de apoio á industria audiovisual que mañá mesmo abren o prazo de presentación de solicitudes. O ente da ConsellerÃa de Cultura e Turismo fai asà as aperturas dos procesos anuais de axuda para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e para a asistencia a mercados e foros internacionais de contidos audiovisuais. Esta última liña de axudas púxose en marcha por primeira vez o pasado ano con 50.000 euros de orzamento para o perÃodo anual e co obxectivo de sistematizar o apoio económico á presenza de produtoras e distribuidoras galegas en feiras estratéxicas para a industria do cinema e da televisión a nivel mundial. Neste caso a convocatoria ten carácter excepcional e só cubre as asistencias a mercados ou foros de negocio dos catro meses e medio previos ao Estado de Alarma, as comprendidas entre os dÃas 1 de decembro de 2019 e o 13 de marzo de 2020, polo cal reduce o seu orzamento a 30.000 euros, que será outorgado ata o seu esgotamento.
No relativo ás axudas bianuais para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, non se ven apenas afectadas polo Estado de Alarma toda vez que a finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual que se atopen en fase inicial de desenvolvemento, e que se prevexa que se levarán a cabo nos exercicios 2020 e 2021. Estas subvencións terán carácter bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do perÃodo comprendido desde o 1 de xaneiro de 2020 ata a data máxima de xustificación establecida nesta convocatoria. O orzamento máximo que Xunta dá para estas subvencións será de 260.000 euros, distribuÃdo entre as anualidades 2020 e 2021 do seguinte xeito: 26.000 euros con cargo ao exercicio 2020, e 234.000 euros con cargo ao exercicio 2021. A anterior convocatoria contou cun orzamento igual de 260.000 euros, nos que 130.000 euros Ãan con cargo ao exercicio 2019 e 130.000 euros con cargo ao exercicio 2020.