As liñas de axuda publicadas onte do Diario Oficial de Galicia traen algunhas novidades como o feito de que agora están dirixidas xa non ao “cinema galego” senón ao “audiovisual galego” ou aos “contidos audiovisuais”, un cambio de denominación que implica a apertura a formatos variados de produción audiovisual máis alá do puramente cinematográfico o que inclúe produtos televisivos e webseries, por exemplo. Outra das novidades destas axudas pensadas todas elas para impulsar a proxección exterior do audiovisual galego, tanto a nivel empresarial como artÃstico, é a convocatoria en concorrencia non competitiva de subvencións para a asistencia a mercados e foros internacionais deste sector, que veñen engadirse a unha nova convocatoria das axudas para presencia e exhibición en mostras e festivais nacionais e internacionais.
O orzamento destinado a apoiar a promoción e difusión en festivais e mostras aumenta en 10.000 euros respecto ao pasado ano ata os 50.000 euros desta xeira. A liña de axudas que se pon en marcha por primeira vez este ano ten como obxectivo sistematizar o apoio económico á presenza de produtoras e distribuidoras galegas en feiras estratéxicas para a industria do cinema e da televisión a nivel mundial. Dotadas con 50.000 euros, estas axudas resolveranse por orde de solicitude, e a través delas, a Xunta sufragará parte dos gastos da asistencia dunha persoa por empresa solicitante (desprazamento, aloxamento e inscrición) a unha das feiras internacionais obxecto da convocatoria no perÃodo comprendido entre o 10 de decembro de 2018 e o 15 de novembro de 2019. Cada solicitude para cada un destes foros poderá obter ata 1.300 euros de axuda (1.800 no caso das feiras estadounidenses). Con tal fin, seleccionáronse oito dos principais mercados audiovisuais do circuÃto internacional, tanto respecto ao número e procedencia dos seus asistentes como ao volume de negocio que propician: NATPE de Miami (Estados Unidos), Cinemart de Rotterdam (Holanda), European Film Market de BerlÃn (Alemaña), MIPTV, Marché du Filme e MIPCOM de Cannes (Francia), Sunny Side of the Doc de La Rochelle (Francia) e American Film Market de Santa Mónica (Estados Unidos).
Misión comercial do Clúster audiovisual en Lille
Xustamente estes dÃas, co apoio do Clúster Audiovisual Galego, as empresas CTV, Ficción Producciones, Intereuropa e Portocabo xa se encontran en Lille (Francia) para participar no festival Series Mania 2019. Estas catro compañÃas conforman a delegación do audiovisual galego no festival de series televisivas. A 10ª edición deste evento celébrase ata o próximo 30 de marzo no Grand Palais de Lille. O Clúster Audiovisual facilita asà o encontro da delegación galega con profesionais do mundo das series que se dan cita na localidade francesa para presentar novos proxectos en busca de financiamento, celebrar reunións para posibles coproducións e debater sobre o estado do sector. Esta misión directa do Clúster enmárcase dentro do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios e conta co apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Xunta de Galicia e da Unión Europea.