A Axencia Galega de Industrias Culturais abre desde hoxe a convocatoria para axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das bases que a rexen. Agadic mantén este ano o orzamento das catro convocatorias anuais precedentes, cun total de 2.500.000 euros de asignación para esta liña de axudas. A nova convocatoria distribúe o alcance do orzamento dun xeito máis detallado que a anterior entre as catro modalidades de produción contempladas como beneficiarias (longametraxe cinematográfica, longametraxe en coprodución internacional con participación minoritaria, curtametraxes, obras audiovisuais para TV e plataformas) resultando nun maior apoio económico ás longametraxes cinematográficas (1.610.000 euros) e separadamente tamén aos produtos audiovisuais producidos para TV e plataformas (500.000 euros), na suma entre ambas modalidades conseguen 100.000 euros máis que na anterior convocatoria en detrimento das longametraxes en coprodución internacional con participación minoritaria.
Agadic convoca as axudas anuais á produción audiovisual
Non muda o orzamento pero reduce a partida a coproducións internacionais con participación minoritaria
26 lecturas | Compartido 0 veces
