Poucos dÃas despois da convocatoria de axudas para a realización de rodaxes en Galicia a Xunta ven de aumentar a súa aposta polo valor da produción audiovisual publicando no Diario Oficial de Galicia unha corrección da convocatoria presentada en xaneiro para axudas á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos que aumenta considerablemente a partida dedicada a esta fin. A resolución actual da Axencia Galega das Industrias Culturais aumenta ata os 3.000.000 de euros o orzamento desde os 2.500.000 que tiña inicialmente e que viña mantendo sen variación durante os catro anos anteriores.
A corrección da convocatoria distribúe esta subida enfocándose exclusivamente na modalidade de axudas para longametraxes cinematográficas, sen variación nas demais modalidades (longametraxe en coprodución internacional con participación minoritaria, curtametraxes, obras audiovisuais para TV e plataformas) resultando que estes 500.000 euros que se engaden fan subir a axuda nesta modalidade desde os 1.610.000 euros ata os 2.110.000 actuais, sendo esta a modalidade que en xeral recibe máis subvencións. O aumento distribúese nos catro anos previstos de achegas (2024-2027) e ao non haber corrección de contÃas máximas enténdese que servirá para aumentar o alcance en número de produción beneficiarias.