A Academia Galega do Audiovisual anunciaba na mañá deste 13 de febreiro o fallo do Premio de Honra Fernando Rey, que outorga no marco dos Premios Mestre Mateo. A entidade acordou recoñecer nesta ocasión a xornalista, poeta e actriz Eva Veiga, a que considera un exemplo de "profesionalidade, creatividade e resiliencia" que fixo parte da xeración que botou a andar "unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade de varias xeracións de galegas e galegos".
Canda a isto, o fallo do galardón recoñece unha traxectoria "que transita da memoria á vangarda, empregando a comunicación e a creación como ferramentas ao servizo da nosa cultura e do noso audiovisual". Veiga foi a primeira presentadora dun programa informativo na TVG e desenvolveru proxectos como a serie documental Galicia no tempo.
En paralelo desenvolveu unha carreira actoral con filmes como A cicatriz branca ou Nación e no campo da poesÃa obtivo galardóns como o Fiz Vergara Vilariño, o Premio da CrÃtica ou o Antón Losada Diéguez. Veiga recollerá o seu galardón na Gala de entrega de premios da XXII edición dos Mestre Mateo que se celebrará o vindeiro 23 de marzo no Coliseum de A Coruña.