A aplicación local da Coruña 'EidusCoruña', ofrece a turistas e propios unha serie de experiencias dixitais relacionadas co patrimonio e a historia da cidade herculina ás que se pode acceder desde a propia aplicación a través da web. Once experiencias dixitais a través deste servizo permiten acceder a reconstrucións dos monumentos máis emblemáticos en 3D en distintas épocas da súa historia: Torre de Hércules, Castelo de San Antón, Castro de Elviña e Sistema defensivo da cidade. Tamén o contido serva para revivir as batallas máis importantes da cidade como a Batalla de Elviña ou o ataque de Norris-Drake, ademais de servir de guÃa interactiva para visitar a cidade vella, o patrimonio modernista, o Camiño Inglés ao seu paso pola cidade e a ruta de faros e sinais marÃtimas. Os contidos están dispoñibles en galego, castelán e inglés. A nova app está financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.