A Cidade Herculina acolleu onte a reconstrucción da batalla de Elviña

Batalla en A Coruña contra o exército napoleónico

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

A Coruña está a celebrar desde o pasado venres 12 o 192 aniversario da batalla de Elviña, na que os exércitos inglés e francés loitaron polo dominio da cidade na Guerra da Independencia. Os actos, organizados pola asociación Histórico Cultural "The Royal Green Jackets" coa colaboración do Concello incluíron a reconstrucción da batalla que se realizou onte.

Conferencias e actos


A celebración do aniversario comezou o venres cunha conferencai de Xerardo Fernández Albor que puxo en relación a batalla coa construcción da Unión Europea. Hoxe mesmo o alcalde Francisco Vázquez, acompañado do embaixador de Francia e membros dos corpos diplomáticos francés e inglés inaugurarán un mural de baldosas sobre a batalla. Vázquez tamén asistirá á presentación dunha biografía de Sir John Moore realizada por Mark Zhigniew Guscin e realzará unha ofrenda floral ante o monolito dedicado ó mariscal francés Soult. Onte realizouse un percorrido turístico polos puntos históricos da cidade recollidos no tríptico "A Coruña de Sir John Moore" e realizouse un desfile do 4º Rexemento de Artillería. Os actos rematarán mañá cunha ofrenta floral ante o mausoleo do xeneral inglés Sir John Moore, que pereceu no combate.



Reconstrucción histórica


Un dos actos máis destacados desta celebración foi a reconstrucción histórica que se realizou onte na cidade, como ven sendo habitual desde hai dous anos. organizada por "The Royal Green Jackets" é a primera reconstrucción deste tipo que se realiza no Estado, aínda que noutros países europeos xa contan cunha grande tradición. O encontro das tropas dos dous exércitos produciuse onte nos xardíns de Carlos I, con ruidosas salvas de fusilería que sorprenderon ós habitantes da cidade. Tamén a praza de María Pita foi testemuña dun combate no que mesmo houbo presencia de pezas de artillería. A vistosidade dos uniformes, reconstrucción exacta dos da época e o emprego de réplicas reais das armas empregadas na batalla engadíu un elemento de espectacularidade que atraíu un numeroso público.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

200 anos de Elviña

200 anos de Elviña

Comeza a conmemoración da batalla que situou A Coruña nas guerras napoleónicas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elviña, A Coruña, Cidade Herculina, Guerra...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos