Descubrir ó público partes dun complexo castrexo ás que a broza impedÃa acceder é a intención do Concello da Coruña, que iniciará o vindeiro mes de xuño as tarefas de limpeza do Castro de Elviña. Ademais de desbrozar, prevese que cara a setembro se inicien novas excavacións que traian á luz partes ata o de agora non coñecidas destas ruÃnas, con vistas á integrar o conxunto no futuro parque temático sobre a historia da cidade.
Desbrozar
O comezo da actuación sobre o castro centrarase no desbroce e limpeza dos restos que están ó descuberto, abandonados desde as últimas excavacións en 1985. Tamén se procederá á tala de mimosas e eucaliptos que medraron nas ruÃnas e que serán substituÃdos nalgúns casos por especies autóctonas.
Ademais da limpeza tamén se consolidarán murallas e restos de edificios que ameazan co derrubamento.
Segundo o director do museo arqueolóxico, Xosé MarÃa Bello, esta limpeza permitirá que cara a setembro os visitantes poidan coñecer partes do castro ás que ata o de agora non se podÃa acceder.
Excavar
Unha vez rematados os traballos preliminares de limpeza, en setembro, comezarase unha nova xeira de excavacións que afectarán a áreas do castro que aÃnda non foran investigadas. A área afectada será ata de sesenta hectáreas, nas que se inclúen os restos dun poboado amurallado cunha rampa de entrada. As ruÃnas están datadas por unha banda na época prerromana e pola outra no pleno Imperio. A maior parte deste terreo aÃnda está pendente de ser expropiado polo Concello, xa que se atopa en mans privadas.
O futuro parque
Os restos do parque formarán parte no futuro do parque temático sobre a historia da Coruña que está a desenvolver o Concello. Ademais dos restos do castro en si, o parque incluirá un museo interactivo, unha reconstrucción da vida castrexa e un centro de investigación arqueolóxica. O concello convocará en breve o certame de ideas para concretar a forma que adoptará o parque. Está previsto que as obras conclúan cara o ano 2006.