Unha viaxe musical polas casas da poesía lucense

O cuarteto 'Son de corda' homenaxea a seis poetas cunha serie audiovisual gravada nos seus lugares de referencia vital

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaLiteraturaAudiovisual
Compartir:
Fotograma do proxecto

Fotograma do proxecto

'Na Casa Deles' , é o título do proxecto co que o cuarteto vocal Son de Corda fai unha homenaxe a seis desaparecidos poetas lucenses: Manuel María, Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Lorenzo Varela, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro. Inclúese tamén unha homenaxe á tradición oral. O proxecto presenta catorce audiovisuais gravados cada un en lugares vencellados á biografía dos escritores, en sete deles o cuarteto interpreta unha composición baseada na obra do poeta, gravada alí mesmo polo produtor Arturo Vaqueiro, e nos outros sete aparecen diferentes persoas que por coñecemento ou vencello cos poetas, explican o vencello entre os espazos e os autores. A realización audiovisual é de Manuel Lucas Mariño e participan coas súas achegas Mercedes Queixas, Branca Novoneyra, Alexandra Cabana, Carlos Callón, Beatriz Dourado, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba. Son de Corda está integrado por Esperanza Iglesias; Carmen Prendes; Fernando G. Jácome e Antón Castro e contan co acompñamento instrumental do pianista Raúl Rodríguez e a violinista Aldara Palmeiro. Os vídeos xa están dispoñibles en YouTube.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito