Durante a década do 2000, o monte Xiabre, que domina o concello de VilagarcÃa de Arousa, sufriu sucesivas vagas de incendios que foron revelando a existencia de estacións inéditas ou que eran xa coñecidas pero estaban perdidas na vexetación. O lume danou algunhas das estacións pero tamén foi o punto de partida para a creación dun roteiro que foi presentado onte polo concello de VilagarcÃa de Arousa, e que permite percorrer un conxunto de estacións localizadas nas zonas altas do monte. O roteiro inclúe sinalética, audioguÃas e a limpeza de 18 rochas gravadas. O proxecto, levado a cabo por A Citania ArqueoloxÃa, tivo un investimento de 17.000 euros a cargo de fondos europeos. Para realizalo, cómpre partir a área recreativa de FontefrÃa.