A Asociación Cultura Colectivo a Rula ven de denunciar os graves danos provocados ao conxunto de petróglifos da área de Villestro (Compostela) durante un incendio forestal. Segundo este colectivo, durante o lume ocorrido os pasados 28 e 29 de xullo no Monte de San Miguel na Portela. Ata 13 estacións de petróglifos quedaron baixo as lapas e outra sufriu importantes danos polo paso da maquinaria na paraxe do Agro do Campo. Dende a Rula non dubidan en cualificar esta zona de xacementos como a “ área arqueolóxica máis importante do termo municipal de Compostela” e denuncian a súa desprotección actual por parte do Concello asà como a “desconexión informativa entre os diferentes departamentos da Xunta de Galicia” que segundo eles posibilitou que as máquinas que escavaron un cortalumes pasasen por riba dun destes petróglifos danándoo de xeito irreversible.
Na revisión de danos que o colectivo fixo este pasado luns na zona estiveron acompañados por un arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio para avaliar os danos. Dende o colectivo solicitan que exista maior coordinación á hora de levar a cabo accións contra o lume en zonas como esta entre Medio Rural e a Dirección xeral de Patrimonio para que as brigadas poidan actuar sen danar o patrimonio e establecendo medidas de protección necesarias nestes casos. A asociación cultura lembra que “tanto os labores preventivos como os de extinción realizados por este tipo de maquinarias sen control previo destas áreas arqueolóxicas poden causar máis danos no patrimonio ca os propios incendios forestais.”