O pazo de Tor recibe a doazón de pezas da familia propietaria

Inclúe un xacente funerario do século XV

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O pazo de Tor (Deputación de Lugo), museo dependente da Deputación de Lugo, recibiu un conxunto de pezas históricas doadas por Javier Rey Docampo, neto da tía de María Paz Taboada, a última propietaria do inmoble. As pezas inclúen unha estatua dun xacente funerario do século XV, unha campa de campaña de Francisco Quiroga Taboada do XVII ou o dormitorio complteo de Paz Taboada de Zúñiga, ademais de braseiros, farois de coche de cabalos, retrato, cerámica local ou libros. Boa parte delas están vinculadas á liñaxe dos Garza, propietario e titular do pazo durante moitas xeracións, e a maior parte das pezas estiveron nalgún momento no pazo de Tor. As pezas recibirán tratamento de restauración antes de seren situadas en distintas estancias do pazo.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo

Claves

Lugares