Ata o momento os visitantes do Pazo de Tor (Monforte, Lugo) podían coñecer as salas destinadas a residencia dos propietarios da mansión, nas que se atesouran valiosos obxectos vinculados á vida da aristocracia galega desde a Idade Moderna, así como diversas dependencias auxiliares do exterior do inmoble. Onte, a Deputación de Lugo presentou a recuperación e posta en valor de sete novas estancias ubicadas na pranta baixa do pazo, ocupadas como vivendas e zonas de traballo da servidume do pazo. Trátanse de tres cuartos, un aseo, unha zona de ferramentas e un tear, así como a residencia da última criada do pazo, Ángeles Rivada, que ocupou ata a súa xubilación. "Coa recuperación e posta en valor destes novos espazos, respectando a distribución e estrutura orixinal, e incorporando obxectos que formaban parte da vida cotiá das presoas que os habitaron, o Pazo de Tor visibiliza relatos esquecidos ou ignorados na construción do discurso museográfico, en detrimento, sobre todo, do recoñecemento do traballo das mulleres, maioría entre o persoal de servizo", sinalan desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A visita guiada ás novas estancias foi o punto de partida da segunda edición das Xornadas pacegas, que seguen o epígrafe que o proxecto museográfico: "Soterradas. A vida tralos mantelos, da fortaleza ao Pazo".