Jesús Ferreiro recibe o Premio Nacional de Radio 2024

O xornalista, natural de Corme, especializouse en información pesqueira

11/1/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicación
27 lecturas | Compartido 0 veces

Jesús Ferreiro / Fundación Titanic

O xornalista cormelán Jesús Ferreiro Rúa foi galardoado co Premio Nacional de Radio 2024, outorgado pola Academia Española de la Radio. Ferreiro naceu en Corme aínda que se desprazou de pequeno ao País Vasco, onde o seu pai era patrón de pesca en Trintxerpe (San Sebastián). Ferreiro destacou como director do programa 'Onda Pesquera - La Radio de la Mar', un espazo dedicado aos pescadores e o seu sector no que desenvolveu un importante activismo ao redor dos mariñeiros e mesmo implicándose en diferentes conflitos pesqueiros internacionais. Ferrero é tamén presidente da Fundación Titanic, unha entidade destinada a dar a coñecer o naufraxio do buque e promover accións culturais vinculadas á catástrofe. Ao tempo, tamén foi o fundador de Musealia, unha empresa de produción de exposicións para todo o mundo.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos