A Radio Galega incorpora un espazo para os libros con Chamando á Terra

María Solar presenta o programa que se emitirá cada sábado de 3 a 4 da tarde

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Este nove de setembro comeza a emisión de Chamando á Terra, o novo programa da Radio Galega dedicado ao mundo do libro. A escritora e xornalista María Solar presenta este espazo semanal que se emitirá os sábados entre as tres e as catro da tarde e que abordará, segundo explica o web da emisora "o mundo literario en galego, desde a produción ata a tradución, con recensións das novidades editoriais, con entrevistas a escritores e escritoras, con faladoiros e con atención a todos os xéneros e todos os públicos". O espazo contará coas colaboracións de Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid para analizar as novidades nas letras do país.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

¡Fai Zig-zag!

¡Fai Zig-zag!

María Solar: “teremos as novas da cultura feita en Galicia e da que pase por aquí”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Radio Galega, María Solar, Montse Pena Presas, Alba Cid...