A G2 estrea Eirado, un programa cultural presentado por Pemón Bouzas

Todos os sábados ás 22:30 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Vista do plató de Eirado, o magazine cultural da G-2

Vista do plató de Eirado, o magazine cultural da G-2

A segunda canle da Televisión de Galicia, a G2, estrea Eirado, un magazine que pretende dar conta da realidade cultural galega. O espazo emitirase todos os sábados (22:30 horas) e conta coa colaboración de María Duro, que falará de novas tendencias; de Moncho Lemos, que se ocupará do cine e das novas tecnoloxías; e de Paula Señarís, que comentará as novidades editoriais. Ademais de reportaxes e entrevistas, o programa presentado por Pemón Bouzas contará cada semana cunha actuación musical.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

¡Fai Zig-zag!

¡Fai Zig-zag!

María Solar: “teremos as novas da cultura feita en Galicia e da que pase por aquí”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pemón Bouzas, Paula Señarís, Cine, Televisión de Galicia...