O 18 de xaneiro comeza na segunda cadea da Televisión de Galicia, a G2, Zig-zag, un programa diario de información e divulgación cultural (20:00 horas). Este programa vén a substituír os formatos actuais da primeira cadea (TVG) Onda Curta, Libro Aberto e Miraxes que se despiden da audiencia este mes. Deste xeito, cúmprese o xa anunciado pola dirección do ente público de concentrar na segunda canle os espazos culturais e a programación xuvenil. Zig-zag únese á aposta cultural de Eirado, presentado por Pemón Bouzas que se emite todos os sábados (22:30 horas). Ademais, a TVG explica que haberá oco para a promoción da curtametraxe galega actual aínda que aínda está por definir se encadra nun formato distinto ou será nos que xa están anunciados.
A segunda canle da TVG contará cun programa cultural de emisión diaria
Onda Curta, Libro Aberto e Miraxes despídense da programación este mes
18 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
