O final de temporada do programa Libro aberto, da CRTVG, semella ser tamén a súa despedida. Luis Rei Núñez, director do espazo, enviou esta mesma mañá unha carta de despedida xa que, segundo sinala, os novos directivos tomaron "a decisión de suprimir o Servizo de Cultura" da compañÃa, do que depende este programa canda a Miraxes, Planeta cine, Alalá, Onda curta e Ben falado!, que se enfrontan tamén a un futuro incerto. Segundo indica o director de Libro aberto, o equipo xa recibiu a comunicación de que o programa non voltará en setembro, aÃnda que ignoran que a despedida é definitiva. A última emisión, xa gravada con anterioridade á suspensión, está programada para a noite do vindeiro 24 de xuño, completando a entrega 127 do espazo
Desde a canle, pola súa banda, sinalan que "aÃnda non se tomou ningunha decisión" sobre a continuidade do programa nin sobre a Sección de Cultura. Desde o gabinete de prensa salientan que "continúa o compromiso coa cultura" da CRTVG, e indican que está a se estudar aÃnda cada un dos casos por parte da nova directiva.