As recensións que sobre BD galega está a facer a historiadora da arte Gemma Sesar no programa "Libro aberto" están xa dispoñibles na rede a través da páxina do programa no web da TVG. Máis concretamente, no espazo do 20 de setembro pode verse a análise dedicada a "Onde ninguén pode chegar" de David RubÃn, no do 11 de outubro fálase do "Ratas" de XaquÃn MarÃn, e o 1 de novembro está a referencia sobre os últimos lanzamentos de "Barsowia" e "BD Banda". A serie continúa e este vindeiro mércores, o programa abordará o último álbum de Fausto Isorna. Sen mudar de canle, YouTube achéganos a presentación do fanzine Barsowia no programa "Somos unha potenzia".
Máis información no web do programa