A rede convértese nunha grande entrevista: Cano, David Rubín e o trío dun ilustrador, un afeccionado e un libreiro contestan

Redada: Tempo de entrevistas

19/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Semella que a rede galega dedicada á banda deseñada vai apañando madureza en canto a contidos. Nesta redada atopamos nada menos que tres entrevistas que esmigallan polo miúdo as opinións de personaxes do medio. No web de BD Banda un texto do xornalista Xesús Blanco achéganos a Cano, libreiro gañador do último premio Ourense. Pola súa banda, desde portugal a páxina BDesenhada recolle unha ampla entrevista de Carlos Antunes a David Rubín. E, por se fose pouco, desde o blog Beliscos Pequenos achégannos unha triple enquisa na que participan o afeccionado Snob, o debuxante Alberto García e os responsables de Alita News, web da libraría homónima. Un bo lote de información, dispoñible para todo o mundo.

Máis información no web de BD Banda, en BDsenhada e en Beliscos Pequenos

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, BD Banda, TVG, Banda deseñada...