Frank Miller entre os adultos e Francisco Ibáñez entre os máis pequenos son os autores de BD que acadan un maior éxito nas bibliotecas coruñesas. O blog destes espazos achéganos na rede unha lista dos tÃtulos máis solicitados da novena arte. Tamén pola rede sabemos dun novo premo que se suma ao currÃculo de Alberto Vázquez. Desta volta é o Pura e Dora Vázquez de Ilustración, que se fallou en Ourense. Finalmente, chéganos a nova de dúas novas crÃticas de BD que se emitirán no programa "Libro aberto" da TVG os vindeiros dÃas dez e dezasete de xaneiro, e que tratarán sobre os últimos álbums de Miguel Robledo e Kiko da Silva.
Máis información no blog das bibliotecas da Coruña, na edición dixital de La Voz de Galicia; web de Libro Aberto