Alberto Vázquez, Kiko da Silva e Valhalla Comics presentan os seus espazos na rede mentres varios autores participan nunha galería virtual

Redada: Webs e unha galería

20/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os blogs continúan entrando con forza no mundo da BD. Desta volta facémonos eco dos espazos que con este formato abriron Alberto Vázquez e mais Kiko da Silva na rede. Ao tempo, os vigueses de Valhalla Cómics acaban de facer público o seu web, no que recollen unha mostra das súas publicacións e adiantan proxectos coma o novo número de "Ceremonias". Finalmente, nos últimos días varios autores do país están a facer achegas á galería virtual que sobre a BD clásica "Krazy Kat" está a desenvolver o blog "La Cárcel de Papel".

Máis información no blog de Alberto Vázquez; no blog de Kiko da Silva, no web de Valhalla Cómics e en La Cárcel de Papel

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Alberto Vázquez, Kiko da Silva

Claves

Conceptos