A entrevista a Emilio Pérez Touriño, ex-presidente da Xunta de Galicia, abriu esta mañá a nova etapa da programación da Televisión de Galicia. Foi no marco do macroespazo Bos dÃas, que gaña protagonismo e avanza un dos piares desta nova grella: a información. Nesta liña haberá gañan peso os informativos e haberá espazo para o debate (Foro aberto substitúe a Hai debate e non ofrecerá as desputas parlamentarias). O outros dos piares é a ficción, na que repiten tÃtulos como Libro de familia, Padre Casares xunto con series novas como O Nordés ou Made in Galicia. En canto á oferta cultural, a TVG mantén todos os programas (Libro Aberto, Planeta Cine, Onda curta, Miraxes, Sempre clásica e Alalá) agás Banda curta, o espazo dedicado á música pop.