O concurso “Cifras e letras” (de luns a venres ás 15:30 horas), o programa de humor “Zapping comando”, a serie de ficción “Pepe o inglés” (os luns ás 22:15 horas) e os programas de debate “Hai debate!” (con XaquÃn Pedrido os luns 23:15 horas) e “Volver ao rego”, co Xosé LuÃs Barreiro (os xoves a partir do mes de marzo) son algúns dos novos programas que poderemos ver na TVG desde o vindeiro luns. As noites dos martes será para as producións galegas, xa que o ciclo “Feito en Galicia” estreará as pelÃculas galegas feitas para televisión. Estas novidades únense aos programas culturais (“Miraxes”, “Planeta cine” e “Onda Curta”) que levan tres semanas en antena. Ademais da programación, TVG tamén estreará imaxe corporativa.
Máis información no web da CRTVG e en AVG sobre “Pepe o inglés”