Retransmisións en directo e audiovisual feito en Galicia centran a programación da TVG para o Día das Letras

O audiovisual coas letras galegas

A Televisión de Galicia vólcase co Día das Letras na súa programación, tanto nos espazos culturais, como informativos e infantís. A programación do día 17 comeza coa emisión dun concerto da Federación das Bandas Sinfónicas de Galicia (ás 10:00 horas) mentres que o programa “A revista” emitirá en directo os actos de homenaxe da Real Academia Galega, ademais de facer unha entrevista ao seu presidente. O programa de mañá de “Libroaberto” dedicará unha parte do programa á obra de Lugrís Freire. A programación continúa o xoves con “Volver ao rego” (día 18) no que Barreiro Rivas convidará á súa tertulia a César Antonio Molina, Antón Reixa e Teresa Moure. Ademais, a TVG estreará “Planeta Fantasía”, unha serie destinada a escolares de entre 4 e 8 anos, onde catro monicreques propoñen unha aventura pola literatura infantil.

Máis información no web da CRTVG