A pegada na cultura do homenaxeado nas Letras Galegas estúdase nun simposio

O ano de Lugrís segue

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un simposio abordará na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña as pegadas de Manuel Lugrís Freire na cultura galega. O simposio, organizado pola Consellaría de Cultura e o Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UdC, contará coa participación de destacados especialistas nos eidos da Historia, Literatura e Política que abordarán a figura de Manuel Lugrís. Entre eles estarán, entre outros, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, e o escritor Xosé Neira Vilas. O programa inclúe, o xoves día 16 ás 20 horas, a representación da obra de Lugrís “Na outra banda da ponte”, a cargo de Casa Hamlet. Ao día seguinte á mesma hora proxectarase o documental “Lugrís: a lealdade coa terra e a fala”, de Tareixa Navaza.

Máis información na Consellaría de Cultura e Deporte

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lugrís, Manuel Lugrís Freire, Xosé Ramón Barreiro, Xosé Neira Vilas...