Un libro, unha escolma e material didáctico lembran a figura do autor homenaxeado no día das Letras Galegas

Arredor de Lugrís Freire

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Manuel Lugrís Freire é o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Por iso non é raro que aparezan exemplares que contribúan a difundir a súa figura. Unha das entidades que o fan é a Xunta de Galicia que, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está a distribuír nos centros educativos material escolar (un CD, un DVD e unha exposición). Con estes documentos preténdese dar a coñecer aspectos da vida do dramaturgo e articulista como a súa participación en movementos rexionalistas e galeguistas da época. Ademais, a Secretaría que dirixe Marisol López elaborou unha escolma titulada "De Rosalía a Manuel Lugrís" que os libreiros regalarán a quen merque un libro en galego no mes de maio. Por outra banda, Xabier Campos está a presentar estes días o seu “Dicionario Manuel Lugrís Freire” (Galaxia). Un volume que completa outros dos traballos xa editados e que se centra na figura deste republicano e impulsor da Real Academia Galega.

Máis información sobre o material editado pola Xunta en El Ideal Gallego, sobre a publicación de Xabier Campos en Galicia Hoxe e sobre Lugrís Freire nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lugrís, Día das Letras Galegas, Manuel Lugrís Freire, Manuel Lugrís Freire...