Desaparece o programa Banda Curta da TVG

O programa non terá continuidade na grella da cadea autonómica tras o verán

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Despois de oito meses en antena con 27 programas emitidos, “Banda Curta”, o programa de música en directo que se viña emitindo todos os sábados na TVG, non terá continuidade despois do verán. Así o fixo saber hoxe o director do programa, Alfonso Pato, por medio dun comunicado. Músicos como Iván Ferreiro, Coque Malla, Silvia Superstar, Dr. Explosion, Lamatumbá, Christina Ronsenvinge, The Homens, Josele Santiago, Def con Dos, David Fonseca, Ruxe-Ruxe, Ectoplasma, Sugar Mountain, Som do Galpom, Cornelius, Moon Cresta e ata 45 bandas pasaron en directo pola discoteca LP45 de Ordes onde se gravava o programa. Banda Curta era o único formato dedicado en exclusiva á música pop e rock da televisión pública galega.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Iván Ferreiro, Alfonso Pato, Pop...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares