O Festival de la Luz fecha cartel con 41 grupos

Boimorto acolle o evento entre o 11 e o 13 de setembro

21/8/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Heredeiros da Crus, Silvia Penide e ITH son os tres nomes que fechan o cartel da edición 2015 do Festival de la Luz. Boimorto acollerá, como é habitual, este encontro, no que participan un total de 41 bandas galegas e estatais ás que hai que sumar os oito conxuntos que gañen o certame Cultivando Música. O evento incrementa un día o seu programa e case duplica o número de grupos a respecto do pasado ano, coa presenza de Miguel Poveda, Los Enemigos, Anni B Sweet, Juan Perro, Lichis, Manos de Topo, Ruxe-Ruxe, Revólver ou Delorean, a conformar un cartel que a organización asegura é "para todos os gustos". Ademais de música, o programa inclúe actuacións como a de Carlos Blanco e un mercado de artesanía e gastronomía.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de la Luz, Boimorto, Carlos Blanco, Silvia Penide...