Sons da Lameira mestura música tradicional con grupos actuais

Skunk DF e Ruxe Ruxe coinciden cos Irmandiños de Vincios ou os Terribles de Donas na quinta edición do festival de Matamá

29/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Bandas de música tradicional mesturadas con grupos de actualidade. Esta é a proposta que fai o festival Sons da Lameira de Matamá, que chega os vindeiros 1 e 2 de xullo á súa quinta edición. O proxecto conta desta volta coa presenza dos grupos Irmandiños de Vincios, os Terribles de Donas e A Requinta da Laxeira pola banda máis folclórica. Comparten cartel coas bandas Skunk DF, Ruxe Ruxe, Medomedá, Os Podridos ou Deggo, entre outras formacións. Entre concerto e concerto, amenizará o evento o homem orquestra Cé Orquestra Pantasma.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ruxe Ruxe

Claves

Entidades