Máis de corenta actuacións para a sexta edición do Festival de La Luz

O evento solidario reunirá en Boimorto unha oferta musical variada para axudar a investigación contra o cancro

9/8/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

vshell

O Festival de la Luz ven de anunciar o peche do seu cartel artístico e de toda a súa programación por días para súa sexta edición, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de setembro en Boimorto (A Coruña). Rosendo, Siniestro Total, New Day, De Vacas, Chris Barron, Jorge Casal, Igloo, Leirabuxo, Iseo & Dodosound W/ The Mousehunters, Isabel Vinardell & Isabelle Ludenbach, The Special Case, Banda de Música de Arzúa e Espiño son os novos artistas que se suman á sexta edición do Festival del Luz, que xa tiña confirmados previamente outros 27 nomes. A oferta deste festival caracterízase outro ano máis por unha enorme variedade musical de xéneros, estilos e conceptos musicais entendible desde a perspectiva do cariz solidario do evento impulsado pola artista Luz Casal. Os abonos para este ano xa están esgotados pero aínda quedan entradas diarias dispoñibles. O Festival solidario, doará nesta ocasión a recadación de taquilla a Oncomet, Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional que destinará os fondos para levar a cabo un proxecto de investigación dentro do campo da Biopsia Líquida e o tratamento do cancro. O cartel final ofrece máis de corenta artistas entre os que están: Mago de Oz, Jarabe de Palo, Rulo y la Contrabanda, León Benavente, Dr Feelgood, Guadalupe Plata, Treixadura, Diana Navarro, Os Amigos dos Músicos, Eladio y los seres queridos, Depedro, No me pises que llevo chanclas, Los Vinagres, Rufus T Firefly, La Fuga, Terbutalina, Riff Raff, Morgan, Santiaguiños de Boimorto, Tregua, Xoan Curiel, The Funkles, Aries, Tanxugueiras, Primordiais e Andhrea & The black cats. A programación complétase coas actuacións de Miguel Alberte, Superglú, Pandereteiras de Verducido e Rastakeltia, gañadores da IV edición de Cultivando Música, concurso de maquetas que cada ano organizan o Festival de la Luz e Estudios Mans.

Ademais da ampla oferta musical durante os tres días do evento o público poderá gozar de numerosas actividades nas diferentes zonas do recinto, como a Carpa de Cine e Teatro ou o Mercado de la Luz. Tamén haberá unha Zona Infantil onde as crianzas terán espectáculos, obradoiros, e xogos recreativos todo o día

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de la Luz, Boimorto, Luz Casal, Cine...