O Festival da Luz tomará as leiras nunha edición especial dun só día

Coa música de artistas galegos coma protagonista e cunha capacidade limitada a 500 persoas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Festival da Luz tomará as leiras nunha edición especial dun só día

Lonxe de desanimarse coas malas expectativas o Festival de la Luz de Boimorto ven de anunciar a celebración o vindeiro día 12 de setembro dunha edición especial. Os campos arredor da casa da cantante Luz Casal en Boimorto acondicionaranse para a Edición Leiras coa que o evento non quere deixar baleiro neste 2020. No formato que a organización ven de presentar entrarán 500 persoas, que se situarán nunha distribución por asentos de entre 2 e 10 persoas que son chamadas "leiras" e separadas entre sí na disposición do recinto. O cartel estará íntegramente conformado por artistas de moi diversos xéneros da escena musical galega, Eladio y los seres queridos, Terbutalina, Susana Seivane, BoyankA KostovA, Agoraphobia, Monoulious DOP e LAU. A recadación das entradas, sempre con carácter solidario, irá a parar á Cruz Vermella Galicia.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boimorto, Festival da Luz, Luz Casal, Susana Seivane...