Cun acto celebrado onte na sede da Fundación Paideia da Coruña saldouse a conta solidaria da sexta edición do Festival de la Luz do 2017 e comezou a andaina da sétima edición, que terá lugar os vindeiros 7, 8 e 9 de setembro. A cantante Luz Casal, impulsora do evento, fixo entrega dun cheque por importe de 114.746€ recadados coa venda de entradas no 2017 a Oncomet , o grupo de investigación sobre a biopsia lÃquida para o tratamento tumoral. Ademais avanzouse xa os destinatarios dos beneficios da seguinte edición e parte do cartel artÃstico que a conformará. A loita contra os incendios forestais en Galicia e un centro de dÃa en Boimorto, concello que acolle este evento, serán os beneficiarios da recadación do seguinte Festival de La Luz. Os primeiros trece nomes artÃsticos xa confirmados para este ano volven debuxar unha oferta musical do máis variado como xa é marca do evento. A banda Love of Lesbian xa é unha das letras grandes co cartel, no que tamén destacan a Vargas Blues Band, Elliott Murphy, Agoraphobia, Furious Monkey House e Maneiro. Completan a lista de avances Joan Curiel, Eskorzo, Mi Capitán, Riff Raff, Los Motores, a Banda de Música de Arzúa e as Pandereteiras de Berducido. As entradas saen hoxe á venda.