O festival PortAmérica estréase con Julieta Venegas e Love of Lesbian

Xoel López, Zoé e Onda Vaga estarán tamén en Nigrán entre o 19 e o 21 xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Nigrán acollerá este ano a primeira edición do Festival de Música Internacional PorAmérica. Julieta Venegas, Love of Lesbian, Xoel, Zoé e Onda Vaga son os primeiros nomes confirmados nun cartel que se prolongará entre o 19 e o 21 de xullo. A aproveitar o espazo de acampada do evento, a organización convida aos asistentes a prolongar a súa estancia ata cinco días e desfrutar do contorno. Canda ás actuacións musicais, un espazo dedicado ás ideas innovadoras e unha zona gastronómica darán a coñecer os alimentos do país.

Para alén do festival en si, os organizadores prevén habilitar na rede un espazo de coworking onde todos os interesados poidan publicar fotografías, pezas de audio e compartir contidos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, Portamérica, Xoel López

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares