Coa presentación da oferta gastronómica a organización do festival PortAmérica na súa quinta edición amosou o cartel completo do evento, que terá lugar na fin de semana do 15 e 16 de xullo en Porto do Molle, no concello de Nigrán. Ademais dos vinte concertos programados, este ano contarase coa participación de 18 chefs internacionais con 8 Estrelas Michelín para fusionar música e cociña no Showrocking e volverá abrirse o Mercado de Talentos con postos de diferentes deseñadores e creadores galegos.
Os mexicanos Molotov serán cabeza de cartel o venres 15, día no que tocarán ademais Amaral, Izal, Nortec Collective Presents: Bostich & Fussible, FM Belfast, Sonido Gallo Negro, Amaro Ferreiro, Pony Bravo, Eme DJ e o grupo gañador do concurso de maquetas organizado polos Estudios Mans da Fundación Paideia. A carteleira do sábado está encabezada por Bunbury e nela figuran tamén The Undertones, Love of Lesbian, Talisco, León Benavente, Furious Monkey House, Retrovidor, Myles Sanko, Leiden e ElyElla DJs. Co patrocinio de Hijos de Rivera, PortAmérica organizará unha nova edición do seu Showrocking no que, baixo a direccion de Pepe Solla, participarán 18 chefs internacionais que xuntan oito estrelas Michelín. Durante as dúas xornadas do festival, os asistentes terán a oportunidade de probar unha serie de pinchos creados especialmente por Juanjo Pérez (de Cocinandos, en León), Roberto Ruiz e María Fernández (Punto Mx, Madrid), Javier Olleros (Culler de Pau, O Grove), Yayo Daporta (Yayo Daporta, Cambados), Iván Domínguez (Alborada, A Coruña), Diego Gallegos (Sollo, Fuengirola), Julio Sotomayor (Nova, Ourense), Estanis Carenzo (Chifa, Madrid), Edgar Núñez (SUDF777, México DF), Manuel Núñez (Arume, Barcelona), Javier Estévez (La Tasquería, Madrid), Lucía Freitas (A Tafona, Santiago), Héctor López (España, Lugo), Álvaro Villasante (Paprica, Lugo), Diego López (La Molinera, Lalín), Iago Pazos (Abastos 2.0, Santiago) e Iago Castrillón (2 Estaciones, Valencia).