
No eido musical, PortAmérica arrancará o 2 de xuño con Lori Meyers, Delaporte, El Columpio Asesino, Muchachito Bombo Infierno, Natalia Lacunza, Rojuu, Cápsula, Fon Román, Grande Amore. O venres 3 de xuño actuarán WOS, Rozalén, Baiuca, Andrés Suárez, Instituto Mexicano del Sonido, Coque Malla, Arde Bogotá, Alice Wonder, La La Love You e The Parrots. E o sábado 4, Bizarrap, Xoel López, Viva Suecia, Mikel Erentxun, Depedro, Queralt Lahoz, Lisandro Aristimuño, Amparanoia, Dengue Dengue Dengue, Serbia, Dani e Flecha Valona. As sesións vermú terán lugar durante as mañás do sábado e do domingo do festival na área termal da Tafona, un espazo a carón do RÃo Umia en Caldas. O sábado 4 contará coa música de Marilia Monzón, Marisa Valle Roso, Santi Araujo e Pablo Lesuit e o domingo 5 con Mavica, Sarria e os caldenses Igloo.
Festival en igualdade
Ao igual que no resto dos RÃas Baixas Fest, PortAmérica contará coa participación dunha das mozas mentorizadas no programa de empoderamento do talento musical feminino da provincia Descúbreas, que a Deputación desenvolve con Regalamúsica. Amais, a institución volverá desenvolver as súas campañas de igualdade, coa presentación dun novo audiovisual e co reparto dos materiais de "Lembra! Eu decido, ti respectas" e "Conta comigo, eu respéctote" no posto que levará aos festivais. Haberá liñas de autobuses dispostas pola organización para a acudir ao festival desde 6 das principais cidades galegas (A Coruña, Santiago, Pontevedra, Cambados, VilagarcÃa e Vigo).