PortAmérica presenta o elenco gastronómico de chefs do Showrocking

Os mexicanos Mexrrissey caen do cartel musical

Todas as institucións públicas e patrocinadores privados déronse cita na Sede da Deputación de Pontevedra para facer públicos os últimos detalles da sétima edición do Festival PortAmérica que terá lugar en Caldas de Reis do 5 ao 7 de xullo. Toda vez que o cartel artístico xa estaba pechado coas derradeiras confirmacións de Xoel López, Jenny and the Mexicats e Pasajero quedaba aínda desvelar quen serían as estrelas dos fogóns que este ano protagonizarían o espectacular e premiado ShowRocking dirixido polo chef Pepe Solla. O propio chef, xunto con Joaquín Martínez, director de PortAmérica e Esmerarte Industrias Creativas deron a coñecer o elenco gastronómico que estará no seu cartel e outras novidades sobre o Festival, entre elas a cancelación da actuacións dos mexicanos Mexrryssey, que caen así do programa deste ano. Más de 30 artistas pasarán por algún dos 3 escenarios de Festival.

O escenario gastronómico do Showrocking acadou os Premios Fest 2015 e 2017 á mellor Zona de Restauración de festivais de España. A súa actividade estará competindo en protagonismo cos outros dous escenarios das actuacións musicais. Este ano o evento que tamén engade o nome Guía Repsol 2018 acollerá os pratos preparados por máis de 30 chefs internacionais, ata o de agora 24 homes e cinco mulleres, que acumulan 30 Soles Repsol e 15 Estrelas Michelín e entre os que hai unha ampla representación da nova cociña galega. Comisionados por Pepe Solla, estes chefs farán gozar aos asistentes con pinchos únicos creados especialmente para o Festival e axudados por estudantes de hostalaría. Como ven sendo habitual, non faltarán as actuacións musicais sorpresa no escenario ShowRocking Guía Repsol. Ademais, como parte da programación de PortAmérica no Cultura Quente de Caldas levaránse a cabo as xornadas Conversas sobre Gastronomía Galega un ano máis e o propio viaxe destes chefs ao festival será gravado como base dun futuro documental sobre a súa experiencia.

Sensibilidade medioambiental
Nunha mostra de sensibilidade cara a brutal vaga de incendios acaecidos o pasado ano no territorio galego, a organización do festival pon en marcha a iniciativa 1 entrada, 1 árbore : una xornada de reforestación con especies autóctonas que se celebrará unha vez finalice o evento nun monte do termo municipal. Cada un dos asistentes poderá plantar un exemplar. Esta é unha mostra máis da importancia que desde o PortAmérica se lle dá á sostibilidade ambiental que levan poñendo no centro de varias actividades e da súa propia promoción de imaxe desque se trasladaron á Carballeira de Caldas de Reis,




OS CHEFS DE PORTAMÉRICA 2018

Pepe Solla, Casa Solla, Poio. Comisario. 3 Soles Repsol
Andoni Luis Aduriz, Mugaritz, Errenteria. 3 Soles Repsol
Pablo González, Cabaña Buenavista, Murcia. 3 Soles Repsol 2 estrella
Diego Guerrero, DSTAgE, Madrid. 3 Soles Repsol
Roberto Ruiz, Punto Mx, Madrid. 2 Soles Repsol
Javier Olleros, Culler de Pau, O Grove. 2 Soles Repsol
Paco Morales, Noor, Córdoba. 2 Soles Repsol
Yayo Daporta, Yayo Daporta, Cambados. 2 Soles Repsol
Maca de Castro, Maca de Castro, Port d'Alcúdia. 2 Soles Repsol
Estanis Carenzo, Sudestada, Buenos Aires. 2 Soles Repsol
Yolanda León, Cocinandos, León. 1 Sol Repsol
Begoña Rodrigo, La Salita, Valencia. 1 Sol Repsol
Xoán Crujeiras, Bido, A Coruña. 1 Sol Repsol
Héctor López, España, Lugo, 1 Sol Repsol
Julio Sotomayor, Nova, Ourense, 1 Sol Repsol
Daniel Guzmán, Nova, Ourense, 1 Sol Repsol
Edgar Núñez, SUD777, México DF
Kiko Martins, A Cevicheria, Lisboa
Mario Castrellón, Maito, Panamá
Germán Espinosa, Fonda España, Barcelona
Lucía Freitas, A Tafona, Santiago de Compostela
Christian Bravo, Bravo Restobar, Lima
Beatriz Sotelo
Diego López, La Molinera, Lalín
Álvaro Villasante, Paprica, Lugo
Roberto Filgueira, O Balado, Boqueixón
Antonio Botana, Pandemonium, Cambados
Iñaki Bretal, O Eirado, Pontevedra
Pablo Romero, Vinoteca Bagos, Pontevedra