Despois de dez edicións en terras galegas o festival Portamérica exporta o seu modelo e terá unha versión ao outro lado do Atlántico, en México. Unha única xornada, o vindeiro 12 de novembro, no marco da Feria Internacional de la Música (FIM GDL) de Guadalajara servirá de aterraxe da marca en latinoamérica como PortAmérica Latitudes. Esta exportación é froito do esforzo da empresa promotora do evento, esmerarte Industrias Creativas, dirixida por Kin MartÃnez, en colaboración coa FIM GDL A intención xa inicial de Portamérica de servir de ponte cultural entre América e España chega agora a verse máis real que nunca. A experiencia Portamérica de Caldas trasladará o seu formato de fusión musical e gastronómica, presentando sobre o escenario artistas de ambas beiras atlánticas e tamén chefs coas súas creacións dos dous lados do océano. Ata o de agora Xoel López é o único artista galego confirmado no cartel musical. O cociñeiro Pepe Solla comandará de novo a parte gastronómica na que irán sumando tamén nomes da cociña galega para a ocasión.