Cando en marzo a empresa Esmerarte Industrias Creativas anunciou a cancelación este ano da edición habitual do festival Portamérica de caldas, xa deixou tamén ver a súa intención de manter "unha posibilidade de esperanza" de presentar unha programación adaptada ás circunstancias con música, gastronomÃa e natureza, pasado o verán "se a evolución da pandemia é favorable". Agora esa posibilidade, coa quinta onda pandémica e un estado de vacinación maioritario, faise real co Portamérica Origen, unha reinvención do formato para celebrar a súa novena edición. O evento desprázase, non só en datas senón tamén lixeiramente (non moito) en localización. A Azucreira de Portas, xunto a Caldas, acollerá os vindeiros dÃas 1 e 2 de outubro os concertos do festival. Esmerarte reúne de novo na súa localidade de orixe a gran parte dos artistas cos que traballa e convive desde os seus inicios, coma unha grande familia volvendo a unha casa, ademais de homenaxear a proxectos que maduraron ou foron reformulados.
O festival non se move da comarca de Caldas de Reis, trasládase á Azucreira de Portas, pouco máis dun quilómetro da Carballeira habitual. Entre os nomes do cartel destaca a reunión de Deluxe (a primeira banda de Xoel López, que se reúne tras trece anos) e a inclusión de Le Punk (inactivos desde 2009), que se reúnen única e exclusivamente para celebrar PortAmérica Origen. Vetusta Morla, o propio Xoel López, Novedades Carminha ou Tropical Jesus (alter ego de Carlos Sadness) serán algúns dos grandes reclamos desta edición, que completa cartel con outros coñecidos coma Jenny & The Mexicats, Ortiga, Eladio y los Seres Queridos, Pablo Lesuit, Furious Monkey House e A Duendeneta. As información de entradas, hhorarios e capacidade aÃnda sairán nas vindeiras datas.