
Para alén da habitual zona de acampada e de actividades paralelas propias dun evento destas caracterÃsticas, o novo festival propón tamén un espazo virtual. Unha auténtica rede social na que os usuarios poden compartir fotografÃas, videos, textos ou propostas creativas. O festival propón tamén o espazo Mercainnova, un mercado destinado ao intercambio de ideas e produtos anovadores no cal se gravará o espazo Gente portAmérica de V Televisión e se fará unha demo da iniciativa de apoio ao emprendemento Galicia en Coworking. Ademais, tamén está habilitado un espazo gastronómico no que se poderán degustas receitas exclusivas asinadas por Pepe Solla, Alberto González e Yayo Daporta, do grupo nove. A proxección do documental All TomorrowÂ’s Parties da plataforma de cinema Filmin ou The Road Experience, que propón aloxarse nun autobus inglés son outras das iniciativas presentes no recinto.