O festival PortAmérica ven de facer a súa primeira comunicación cara a súa vindeira edición e dar unha sorpresa ao seu público. O festival que viña celebrándose desde o seu inicio en 2012 ata o de agora en Nigrán cambia a súa localización e este ano celebrarase na carballeira da vila de Caldas de Reis. A cita co evento de 3 días de duración será entre o 13 e o 15 de xullo e inserirase no marco do Cultura Quente que todos os anos se celebra na localidade pontevedresa. Desde a empresa organizadora, Esmerarte, veñen de desvelar ademais parte do cartel artístico no que estarán, como é o seu concepto orixinal, propostas musicais de ambos lados do Atlántico. Entre os confirmados están os galegos Xoel López, Triángulo de Amor Bizarro, Iván Ferreiro e Novedades Carminha. A eles hai que engadir outras actuacións nacionais e doutros países americanos: Porter, Illya Kuryaki & the Valderramas, Kase O, Niños Mutantes, Los Amigos Invisibles, Depedro, Siddhartha, Carlos Sadness, BNegão & Seletores de Frequência, Montefusco, Indios, Ángel Stanich, Orkesta Mendoza, Mateo Kingman e Rufus T. Firefly.
O festival seguirá a contar con dous escenarios, mercadiño e servizo de acampada. Como xa é distintivo desta cita tamén está confirmada unha importante presenza da oferta gastronómica cun ShowRocking de cociñeiros coordinados de novo polo chef Pepe Solla. Segundo fontes da produtora, en vindeiros días farase unha rolda de prensa na que se desvelarán máis novidades para a cita de este ano, como máis artistas para o cartel e outras implementacións para o festival que complementarán as ofertas musicais e gastronómica. Nesa rolda de prensa tamén se explicarán publicamente os motivos do cambio de localización do festival. Sairán á venda o vindeiro martes un cupo limitado de abonos a prezo de lanzamento: 35 + gastos de distribución. Unha vez esgotado este cupo, o prezo dos abonos pasará por diferentes tramos (40, 45, 50...) segundo se vaian terminando as entradas dispoñibles para cada un deles.