VÃdeos con actuacións breves, en formato acústico, de bandas galegas ou que visitan o noso paÃs nunha xira, maiormente do universo indie. Esta é a proposta que fan desde Vigo os membros da produtora Zinquin baixo o tÃtulo Sesiones Ligeras. O web que acaban de publicar recolle actuacións de trinta e cinco bandas gravadas en diferentes lugares da nosa xeografÃa. Vetusta Morla, Xoel López, Eladio y los Seres Queridos, Colectivo Oruga, Catpeople, Igloo, Love of Lesbian con Amaro Ferreiro, Sidonie ou Los Coronas son só algúns dos nomes que xa pasaron por diantes das cámaras deste proxecto.
Segundo explica Alberto Baamonde, responsable doa iniciativa, a idea xurdiu hai dous anos ao mesturar o traballo de realización de videoclips e de making of que desenvolvÃa a produtora. En concreto foi o Festival Cultura Quente de Caldas o que viu nacer o formato. "En vez de facer unha entrevista normal, pensamos nesta especie de acústico, que nos satisfacÃa máis a nós, ao grupo e mais a organización". Seguindo a estela de proxectos internacionais como La Blogothèque en Francia, o proxecto desenvólvese cun mÃnimo de recursos. Só dúas cámaras abondan para gravacións que na maior parte dos casos se resolven nunha única toma.
Agora o proxecto acaba de ver publicado o seu propio web. "A idea é unificar un pouco estes traballos, que sexa máis sinxelo atopalos e levalos un pouco máis en serio". A publicación do clip acústico de Vetusta Morla, gravado o pasado verán en Compostela, deu a saÃda a esta nova fase do proxecto. "Sabiamos que Ãa ser o que nos servise de mellor promoción, e efectivamente, en dous ou tres dÃas conseguiron 7.500 visitas", lembra Baamonde. De cara ao futuro o proxecto quere desenvolver unha comunidade, sen que polo momento haxa perspectivas de lle tirar rendemento económico. "Imos facendo cousas que nos gustan, ao mellor cando teñamos máis podemos levar a experiencia a outro nivel, buscando un patrocinio para os clips ou desenvolvendo o proxecto para outros clientes. Tamén nos serve como portafolio para a produtora". Como vindeiros lanzamentos, anuncian actuacións de Lori Meyers e Fernando Alfaro como algúns dos sete vÃdeos que xa teñen na recámara.