Yann Tiersen, Vetusta Morla e Russian Red están confirmados para o Vigo Transforma

Xoel López, Eladio y los Seres Queridos xunto con Catpeople conforman a presenza galega

25/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É outro dos programas que naceu ao abeiro do Xacobeo e que se continúa para este 2011. Ignacio Santos, director da sociedade que xestiona o Xacobeo, e Roberto Varela, conselleiro de Cutura, presentaron onte a programación desta edición. Un encontro que conta coa presenza confirmada do músico bretón Yann TIersen, os norteamericanos Pains of Being Pure at Heart e os portugueses The Gift. Russian Red, Vetusta Morla e Hola a Todo el Mundo pola banda estatal, mentres que Eladio y los Seres Queridos máis Catpeople completan o lado galego do cartel. Tamén estará Xoel López que aproveitará para presentar algunhas cancións do seu vindeiro traballo. Canda isto, haberá unha serie de concertos gratuitos que contará co apoio de Radio 3 e Mondosonoro. A cita, en Vigo, do 30 de xuño ao 2 de xullo.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

01/12/2011

Música lixeira

O proxecto Sesiones Ligeras achega unha ollada diferente á música actual

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Xoel López, Eladio y los Seres Queridos, Xacobeo...

Claves

Conceptos
Lugares