Oito grupos galegos participarán nos Veráns da Vila en Madrid

Uxía, Cristina Pato e Rosa Cedrón ou Iván Ferreiro actuarán no Auditorio Conde Duque

14/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O programa dos tradicionais Veráns da Vila, que enchen cada verán Madrid de propostas escénicas, conta este ano cunha nutrida presenza galega. Un total de oito solistas e formacións do noso país actuarán entre o final deste mes e ao longo do seguinte no Auditorio Conde Duque, un dos principais escenarios deste programa. Uxía (30 de xuño), Fon Román (5 de xullo), Baldo Martínez e Mayte Dono (6 de xullo), Cristina Pato e Rosa Cedrón (7 de xullo), Banda Crebinsky (14 de xullo), Ialma (16 de xullo), Iván Ferreiro (20 de xullo) e Mercedes Peón (21 de xullo) som os artistas que achegarán a música galega ao evento.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Iván Ferreiro...